domingo, 27 de marzo de 2011

As Farolas No paseo marítimo de Cabanas

A corporación municipal de Cabanas segue cos ollos cerrados. Tra-lo disgusto no antroido no que unha nena casi perece electrocutada polo inexistente mantemento das farolas municipais mentres todo o mundo quedaba abraido do feito e a concelleira de servicios sociais Concepción Bouza respostaba cun "igual la niña estaba mojada", e que xa se sabe, se chove non se pode arrimar un á farola, manda caralo...

bueno o caso e que este fin de semá fun dar un paseo polo único sitio do pobo no que hay traballadores municipais, ainda que unicamente se dedican a tareas de limpeza, o que se lles manda, atopeime co seguinte



.









unha chea de farolas, e iso que non din o paseo completo, co seu mecanismo eléctrico exposto, á vista, para que calquer neno poida metelas más e quedar seco no sitio.

Penso que o goberno municipal de bería deixar de encher os foles dos seus votantes, ao mellor estilo do exministro do dictador, e gastalos cartos e manter correctamente o alumeado público.