martes, 25 de mayo de 2010

Medio cento de persoas oponse á talla «indiscriminada» de piñeiros na praia de Cabanas

Medio cento de veciños de Cabanas concentráronse onte, sobre as 18 horas, no paseo da Magdalena para «denunciar a talla indiscriminada do piñeiral» por parte da Demarcación de Costas de Galicia. O proxecto que ten o organismo dependente do Ministerio de Medio Ambiente para a rexeneración da zona inclúe o corte dunha gran cantidade de árbores, aínda que o Goberno central asegura que «é necesario sanear a contorna para que entre unha maior cantidade de luz e que os exemplares crezan con máis forza». Colectivo Fusquenlla

No hay comentarios:

Publicar un comentario